RESUME DO CONSELLO ESCOLAR
DO 25-9-2012
- Debido a que ó Xefe de Estudios, José Luis Varela, déronlle
destino fóra do centro, asume este cargo a profesora de Tecnoloxía, Elia
Gallego.
- A delegación de Educación enviou ó centro unha profesora
que non se pedira. Esta situación estase producindo en outros centros da
cidade.
Pensamos que é debido a que aumentaron o número de alumnos
por aula (diminúense así o número de grupos), e aumentaron as horas de clase
que imparten os profesores. Medidas que dan lugar a que sobren profesores. Con
esto a administración intentaba reducir o número de profesores interinos (que non
teñen a oposición aprobada), pero “pasouse” co recorte e deixou sen horas a
profesores en expectativa de destino (con oposición aprobada pero sen destino
definitivo). E son estes profesores os que chegan ós centros sen que fóran
pedidos.
- Presentouse a memoria do curso pasado cos datos de xuño.
Para consultala pódese pinchar na seguinte ligazón:
Como se trataba de valorar o curso pasado, por parte dos
representantes dos pais levaron os temas que se falaran na última asamblea da
ANPA:
- Técnicas de estudio: reclamouse
que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin que se lles ensinaran
técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado e o esquema. A
dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.
- Pediuse
que se crease a Comisión de Convivencia e o Observatorio da Convivencia como
está recollido na lei. Aínda que están nomeados os membros do Observatorio,
endexamais se reuniu nin parece que se vaia facer porque a dirección non cre
que sexa de utilidade.
-
Aínda que no curso pasado houbera cambios nas datas de exames valórase
positivamente que neste curso que comenza se intenten diminuír ó máximo
posible.
-
Titorías: hai numerosas horas de titorías desaproveitadas ou adícanse a
estudiar e facer os deberes pero non a tratar os asuntos propios das titorías.
- Por outra banda, á hora de analizar os resultados
académicos habería que ter en conta que na enquisa realizada ós pais e ós
alumnos de 1º e 2º da ESO no curso 2010-11 sobre as clases particulares, que
había unha porcentaxe próxima ó 30 % de alumnos que teñen éxito escolar e que
opinan que sen as clases particulares non aprobarían.
Para consultar a enquisa pódese
pinchar na seguinte ligazón:
- O día non lectivo escollido polo centro é o 20 de maio.