Aquí encontrarás mucha información ;)

Componentes del A.M,P.A. IES ÁNXEL FOLE

DIRECTIVA DA ANPA :
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela

martes, 30 de octubre de 2012

Falecemento do director do IES, D. Vicente Gutiérrez


Hoxe día 30 de outubro, de forma inesperada finou o noso director. Toda a comunidade educativa atópase consternada. En sinal de loito mañá, día 31 de outubro non haberá clase.
Dende aquí o noso agradecemento por tantos anos adicados ós nosos fillos. O noso pésame á familia.

lunes, 15 de octubre de 2012

NOVO SISTEMA EDUCATIVO

LEI ORGÁNICA PARA A MELLORA DA CALIDADE DA ENSINANZA (LOMCE)



No seguinte enlace podes ler unha anállise do anteproxecto de lei:

lunes, 8 de octubre de 2012

ACTIVIDADES 2012


 
ACTIVIDAD
 
HORARIO
 
DIAS
PRECIO\ MES
INGLES   
 (MÓNICA)
5 a 6 de la tarde
Martes e Xoves
SOCIOS:26€
NO SOCIOS:30€
MATES Y TECNOLOXIA
 (MÓNICA)
6 a 7 de la tarde
Martes e Xoves
SOCIOS:26€
NO SOCIOS:30€
TEATRO
 (IRIA)
5 a 6:30 de la tarde
 Mércores
SOCIOS:16€
NO SOCIOS:20€
HIP-HOP(coreografías)  (ALEXIS)
4 a 5 de la tarde
 Martes
SOCIOS:10€
NO SOCIOS:14€
BALONCESTO                         ( JAVIER)                   )
5:30 -6:30 de la tarde
Martes e Venres
SOCIOS:16€
NO SOCIOS:20€
FUTBOL-SALA
 (JAVIER Y LUIS)
6:30 -7:30 de la tarde
Martes e Venres
SOCIOS:16€
NO SOCIOS:20€
BATUKA
( MARÍA)
6:15 -7:15 de la tarde
Luns e Mércores
SOCIOS:16€
NO SOCIOS:20€
  BALONMAN
 4:00-5.00 de la tarde
 Martes e Xoves
 SOCIOS:16€
NO SOCIOS:20€
As actividades comenzarán o 15 de octubro .

miércoles, 3 de octubre de 2012

RESUME DO CONSELLO ESCOLAR
DO 25-9-2012

- Debido a que ó Xefe de Estudios, José Luis Varela, déronlle destino fóra do centro, asume este cargo a profesora de Tecnoloxía, Elia Gallego.

- A delegación de Educación enviou ó centro unha profesora que non se pedira. Esta situación estase producindo en outros centros da cidade.
Pensamos que é debido a que aumentaron o número de alumnos por aula (diminúense así o número de grupos), e aumentaron as horas de clase que imparten os profesores. Medidas que dan lugar a que sobren profesores. Con esto a administración intentaba reducir o número de profesores interinos (que non teñen a oposición aprobada), pero “pasouse” co recorte e deixou sen horas a profesores en expectativa de destino (con oposición aprobada pero sen destino definitivo). E son estes profesores os que chegan ós centros sen que fóran pedidos.

- Presentouse a memoria do curso pasado cos datos de xuño. Para consultala pódese pinchar na seguinte ligazón:
  

Como se trataba de valorar o curso pasado, por parte dos representantes dos pais levaron os temas que se falaran na última asamblea da ANPA:
- Técnicas de estudio: reclamouse que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin que se lles ensinaran técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado e o esquema. A dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.
- Pediuse que se crease a Comisión de Convivencia e o Observatorio da Convivencia como está recollido na lei. Aínda que están nomeados os membros do Observatorio, endexamais se reuniu nin parece que se vaia facer porque a dirección non cre que sexa de utilidade.
- Aínda que no curso pasado houbera cambios nas datas de exames valórase positivamente que neste curso que comenza se intenten diminuír ó máximo posible.
- Titorías: hai numerosas horas de titorías desaproveitadas ou adícanse a estudiar e facer os deberes pero non a tratar os asuntos propios das titorías.
- Por outra banda, á hora de analizar os resultados académicos habería que ter en conta que na enquisa realizada ós pais e ós alumnos de 1º e 2º da ESO no curso 2010-11 sobre as clases particulares, que había unha porcentaxe próxima ó 30 % de alumnos que teñen éxito escolar e que opinan que sen as clases particulares non aprobarían.
Para consultar a enquisa pódese pinchar na seguinte ligazón:

- O día non lectivo escollido polo centro é  o 20 de maio.