Aquí encontrarás mucha información ;)

Componentes del A.M,P.A. IES ÁNXEL FOLE

DIRECTIVA DA ANPA :
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela

miércoles, 3 de octubre de 2012

RESUME DO CONSELLO ESCOLAR
DO 25-9-2012

- Debido a que ó Xefe de Estudios, José Luis Varela, déronlle destino fóra do centro, asume este cargo a profesora de Tecnoloxía, Elia Gallego.

- A delegación de Educación enviou ó centro unha profesora que non se pedira. Esta situación estase producindo en outros centros da cidade.
Pensamos que é debido a que aumentaron o número de alumnos por aula (diminúense así o número de grupos), e aumentaron as horas de clase que imparten os profesores. Medidas que dan lugar a que sobren profesores. Con esto a administración intentaba reducir o número de profesores interinos (que non teñen a oposición aprobada), pero “pasouse” co recorte e deixou sen horas a profesores en expectativa de destino (con oposición aprobada pero sen destino definitivo). E son estes profesores os que chegan ós centros sen que fóran pedidos.

- Presentouse a memoria do curso pasado cos datos de xuño. Para consultala pódese pinchar na seguinte ligazón:
  

Como se trataba de valorar o curso pasado, por parte dos representantes dos pais levaron os temas que se falaran na última asamblea da ANPA:
- Técnicas de estudio: reclamouse que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin que se lles ensinaran técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado e o esquema. A dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.
- Pediuse que se crease a Comisión de Convivencia e o Observatorio da Convivencia como está recollido na lei. Aínda que están nomeados os membros do Observatorio, endexamais se reuniu nin parece que se vaia facer porque a dirección non cre que sexa de utilidade.
- Aínda que no curso pasado houbera cambios nas datas de exames valórase positivamente que neste curso que comenza se intenten diminuír ó máximo posible.
- Titorías: hai numerosas horas de titorías desaproveitadas ou adícanse a estudiar e facer os deberes pero non a tratar os asuntos propios das titorías.
- Por outra banda, á hora de analizar os resultados académicos habería que ter en conta que na enquisa realizada ós pais e ós alumnos de 1º e 2º da ESO no curso 2010-11 sobre as clases particulares, que había unha porcentaxe próxima ó 30 % de alumnos que teñen éxito escolar e que opinan que sen as clases particulares non aprobarían.
Para consultar a enquisa pódese pinchar na seguinte ligazón:

- O día non lectivo escollido polo centro é  o 20 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario