Aquí encontrarás mucha información ;)

Componentes del A.M,P.A. IES ÁNXEL FOLE

DIRECTIVA DA ANPA :
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela

martes, 18 de septiembre de 2012


RESUME DA ASEMBLEA DA ANPA DO 12 - 9 - 2012

• Presentación da nova directiva da ANPA
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela


• Obras no Instituto debido ós desprendementos da cornixa.

       Segundo informou o Director do IES, as obras comezaron o mércores 11, continuarán no fin de semana, e prolongaranse na semana que comezan as clases. As presentacións faranse o luns para os de 1º de ESO, e o martes para o resto dos cursos. O mércores, cando comencen as clases, na zona posterior do edificio estarán rematadas as obras e na parte de adiante xa non haberá risco de caída de cascotes.


• Iniciativas presentadas polos representantes dos pais no Consello Escolar.

       Deuse información sobre as iniciativas presentadas polos tres representantes dos pais (Yolanda Vázquez, Ana Dopazo e Antón Pérez) no Consello Escolar durante o curso pasado:

– Solicitouse a finais do curso anterior que a documentación que tiña que ser aprobada no Consello Escolar se enviase por correo electrónico, para o seu estudio previo. Esta petición foi denegada porque, segundo a directiva, tal práctica incumpría a Lei de Protección de Datos.

– Solicitouse permiso para unha viaxe cos alumnos de hip-hop e teatro; foi concedido.

– Técnicas de estudio: reclamouse que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin que se lles ensinaran técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado e o esquema. A dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.

– Pediuse que se crease a Comisión de Convivencia do Consello Escolar como está recollido na lei de Convivencia. Non se creou.

– Solicitouse que unha vez fixado un exame que non se cambie a data, recollendo a petición que se fixera na asamblea da ANPA. Houbo que ter en conta dúas posturas:
- Non se debía permitir que o día anterior, ou incluso o mesmo día, se cambiase a data dun exame simplemente porque o decide a maioría dunha clase.
- Prohibir facer cambios de datas podería ser unha medida moi ríxida; ás veces podes ser necesario facelo por cuestións organizativas do centro.
           Despois de tratar o tema en varias reunións do Consello Escolar, quedouse en que a dirección intentaría reducir ó máximo posible os cambios de exames e cando un pai/nai soubese dun cambio de exame arbitrario (“non ternos o exame preparado; cambiámolo”) podería dirixirse á dirección. A dirección entrevistaríase co profesor. Por suposto, gardaríase o anonimato do pai/nai.

– Solicitouse que se convocase o Consello Escolar de final de curso onde se fai avaliación do funcionamento do centro, e así poder utilizar as conclusións na planificación do curso seguinte. Quedouse en que se faría en setembro.

       As intervencións dos pais/nais da asemblea estaban de acordo con estas iniciativas. Tamén se constatou o descoñecemento das funcións e importancia do Consello Escolar. Para tratar de paliar esta situación vaise:
- Informar do tratado en cada Consello mediante este blog
- Convocar unha reunión de pais/nais a final de curso para facer unha avaliación do centro. As conclucións presentaranse no Consello Escolar de final de curso.

       Para calquera suxerencia ou comentario sobre o Consello Escolar habilitouse o enderezo:
paisconsello@gmail.com

• Carnet desconto

       Continuar este ano co carné desconto, só se necesita ser socio e cubrir a ficha que se entregou coa matrícula ou solicitala en secretaría. Data límite para solicitala: xaneiro 2013 (o carné entregarase no centro ao alumn@)

• Actividades extraescolares

       Enviarase informaciòn por medio dos alumnos co nº de conta para facerse socio e para pagar o seguro e as actividades incluídas para este ano (horarios, prezo e forma de cobro).

• Cambio de conta.

       Ata agora a conta da ANPA estaba en Novagalicia Banco. Como esta entidade bancaria cobra 3 € en concepto de comisión ós que non son clientes polos ingresos realizados na conta da ANPA, decidiuse cambiar de entidade, para Caixa Rural. Os que teñan pensado facerse socios e que non sexa clientes de Novagalicia é mellor esperar a abrir a nova conta, o que se comunicará neste blog.

• Seguro de accidentes para as actividades e tamén para o resto de alumnos matriculados

       Suscribir un seguro cun custe de 6 € por alumno e por ano, e non so poden pagalo os que  se apunten as actividades, senón TODOS os alumnos do centro quedarán cubertos, dende que entran ata a saída, mañá e tarde, saídas coa A.N.P.A ou cos profesores. Pódese comprobar as listas dos nen@s  do seguro  nun taboleiro do centro (so se pode abonar ata 15 outubro).

• Axendas escolares.

       Este ano vaise estender o seu uso a todos os alumnos da ESO. Cremos que pode ser unha boa ferramenta para a comunicación entre pais e profesores.

• Buzón da ANPA.

       Instalarase un buzón no vestíbulo do instituto para que os pais/nais se poidan dirixir por escrito á ANPA, para realizar algunha suxerencia ou para calquera outro tipo de escrito que queiran facer chegar.

       As suxerencia sobre a ANPA poden dirixirse a

No hay comentarios:

Publicar un comentario