RESUME DA ASEMBLEA DA ANPA DO 12 - 9 - 2012
• Presentación da nova
directiva da ANPA
- Presidenta:
Yolanda Vázquez
- Tesoureira:
Sonia Otero
- Secretaria:
Mónica Vieiro
- Vocais: Marta
Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira,
Sonia García e Mª Eugenia Varela
• Obras no Instituto
debido ós desprendementos da cornixa.
Segundo informou o Director do IES, as
obras comezaron o mércores 11, continuarán no fin de semana, e prolongaranse na
semana que comezan as clases. As presentacións faranse o luns para os de 1º de
ESO, e o martes para o resto dos cursos. O mércores, cando comencen as clases,
na zona posterior do edificio estarán rematadas as obras e na parte de adiante
xa non haberá risco de caída de cascotes.
• Iniciativas
presentadas polos representantes dos pais no Consello Escolar.
Deuse información
sobre as iniciativas presentadas polos tres representantes dos pais (Yolanda
Vázquez, Ana Dopazo e Antón Pérez) no Consello Escolar durante o curso pasado:
–
Solicitouse a finais do curso anterior que a documentación que tiña que ser
aprobada no Consello Escolar se enviase por correo electrónico,
para o seu estudio previo. Esta petición
foi denegada porque, segundo a directiva, tal práctica incumpría a Lei de
Protección de Datos.
–
Solicitouse permiso para unha viaxe cos alumnos de hip-hop e teatro; foi
concedido.
– Técnicas
de estudio: reclamouse que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin
que se lles ensinaran técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado
e o esquema. A dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.
– Pediuse
que se crease a Comisión de Convivencia do Consello Escolar como está recollido
na lei de Convivencia. Non se creou.
– Solicitouse que unha vez fixado un exame que non se cambie a
data, recollendo a petición que se fixera na asamblea da ANPA. Houbo que ter en
conta dúas posturas:
-
Non se debía permitir que o día anterior, ou incluso o mesmo día, se cambiase a
data dun exame simplemente porque o decide a maioría dunha clase.
-
Prohibir facer cambios de datas podería ser unha medida moi ríxida; ás veces
podes ser necesario facelo por cuestións organizativas do centro.
Despois de tratar o tema en
varias reunións do Consello Escolar, quedouse
en que a dirección intentaría reducir ó máximo posible os cambios de exames
e cando un pai/nai soubese dun cambio de exame arbitrario (“non ternos o exame
preparado; cambiámolo”) podería dirixirse á dirección. A dirección
entrevistaríase co profesor. Por suposto, gardaríase o anonimato do pai/nai.
–
Solicitouse que se convocase o Consello Escolar de final de curso onde se fai
avaliación do funcionamento do centro, e así poder utilizar as conclusións na
planificación do curso seguinte. Quedouse en que se faría en setembro.
As intervencións dos
pais/nais da asemblea estaban de acordo con estas iniciativas. Tamén se
constatou o descoñecemento das funcións e importancia do Consello Escolar. Para
tratar de paliar esta situación vaise:
- Informar do
tratado en cada Consello mediante este blog
- Convocar unha
reunión de pais/nais a final de curso para facer unha avaliación do centro. As
conclucións presentaranse no Consello Escolar de final de curso.
Para calquera
suxerencia ou comentario sobre o Consello Escolar habilitouse o enderezo:
paisconsello@gmail.com
• Carnet desconto
Continuar este ano co carné desconto, só
se necesita ser socio e cubrir a ficha que se entregou coa matrícula ou
solicitala en secretaría. Data límite para solicitala: xaneiro 2013 (o carné
entregarase no centro ao alumn@)
• Actividades
extraescolares
Enviarase informaciòn por medio dos
alumnos co nº de conta para facerse socio e para pagar o seguro e as
actividades incluídas para este ano (horarios, prezo e forma de cobro).
• Cambio de conta.
Ata agora a conta da ANPA estaba en
Novagalicia Banco. Como esta entidade bancaria cobra 3 € en concepto de
comisión ós que non son clientes polos ingresos realizados na conta da ANPA,
decidiuse cambiar de entidade, para Caixa Rural. Os que teñan pensado facerse
socios e que non sexa clientes de Novagalicia é mellor esperar a abrir a nova
conta, o que se comunicará neste blog.
• Seguro de accidentes
para as actividades e tamén para o resto de alumnos matriculados
Suscribir un seguro cun custe de 6 € por alumno
e por ano, e non so poden pagalo os que se apunten as actividades, senón TODOS os
alumnos do centro quedarán cubertos, dende que entran ata a saída, mañá e
tarde, saídas coa A.N.P.A ou cos profesores. Pódese comprobar as listas dos nen@s
do seguro nun taboleiro do centro (so se pode abonar ata
15 outubro).
• Axendas escolares.
Este ano vaise estender o seu uso a todos
os alumnos da ESO. Cremos que pode ser unha boa ferramenta para a comunicación
entre pais e profesores.
• Buzón da ANPA.
Instalarase un buzón no vestíbulo do
instituto para que os pais/nais se poidan dirixir por escrito á ANPA, para
realizar algunha suxerencia ou para calquera outro tipo de escrito que queiran
facer chegar.
As suxerencia sobre a ANPA poden
dirixirse a