DESPRENDEMENTOS DA CORNIXA DO INSTITUTO
A finais de xuño desprendéronse cascotes da cornixa do IES
en dous lugares diferentes: na fachada principal a poucos metros da porta de
entrada e na parte posterior. Por sorte non houbo que lamentar desgrazas persoais.
A dirección do centro enviou un informe á Consellería e
enviaron unha persoa da Unidade Técnica para inspeccionar os desperfectos.
Segundo nos informaron hai regañas por varios sitios na cornixa polo que
habería que avaliar o seu estado en todo o contorno do edificio.
A mediados de xullo os representantes dos pais puxémonos en
contacto coa Consellería para concertar unha entrevista co Delegado
Territorial, Sr. Ramos Ledo. Por medio da súa secretaria contestáronnos que non
facía falta tal entrevista, que xa estaba o problema nas mans dunha empresa
para solucionalo.
Como o tempo ía pasando e non viamos ningún movemento, o 21
de agosto personámonos na Consellería para volver a entrevistarnos co Delegado
Territorial. Citounos para o día 23. O día seguinte, o 22, persoal da
Consellería visitou o centro (¿casualidade ou causalidade?).
Na entrevista do día 23 de agosto tamén asistiu a técnica da
Consellería. Cando nós pensabamos que nos ían informar da xestións realizadas,
a reunión adicouse a pensar e buscar solucións a como se ía afrontar o problema
(¿non estaba xa desde o mes de xullo en mans dunha empresa?).
A día de hoxe, unha semana antes de que comecen as clases,
segue o problema sen solucionarse.
Para buscar unha postura conxunta convócanse ós pais/nais a
unha reunión, o xoves 13 de setembro, ás 20:30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario