Deste tema que a moitos pais e nais nos preocupa trata un interesante artigo de El Pais. Pódese acceder a el no seguinte enderezo:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/01/17/actualidad/1358445608_550169.html
Reproducimos ós consellos que se dan ó final do mesmo:
Recomendacións con sentido común
• O pai non debe sentarse á beira do estudante porque transmite mensaxes negativas: "Non sabes facelo só. Descoida, que eu me ocupo".
• Non hai que corrixir os exercicios na casa. O obxectivo non é levalos perfectos, senón probar a facelos para ser conscientes da dificultade. O profesor corrixe mellor; hai que atender na clase.
• Non hai que dedicar toda a tarde a estudar. Mellor se xoga cos amigos nalgún parque; mellora a concentración ao chegar a casa.
• O neno ten que anotar nunha axenda os deberes, leccións a estudar, traballos a entregar e datas de exame.
• Hai que comezar por unha tarefa breve e sinxela para quentar motores e logo facer a menos agradable. Reservar para o final algo livián e entretido.
• Un reloxo na mesa axuda a controlar o tempo.
• Recordar que non é posible manter a atención ininterrumpidamente máis de 40 minutos.
• É recomendable estudar nun lugar da casa que non sexa de uso común, co móbil apagado.
• Hai que comprobar que corrixiu na clase os deberes e en que fallou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario