Aquí encontrarás mucha información ;)

Componentes del A.M,P.A. IES ÁNXEL FOLE

DIRECTIVA DA ANPA :
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela

martes, 18 de septiembre de 2012


RESUME DA ASEMBLEA DA ANPA DO 12 - 9 - 2012

• Presentación da nova directiva da ANPA
- Presidenta: Yolanda Vázquez
- Tesoureira: Sonia Otero
- Secretaria: Mónica Vieiro
- Vocais: Marta Iglesias, Mª José Campos, Mª José Ferreiro, Maria Castro, Jose Mª Carreira, Sonia García e Mª Eugenia Varela


• Obras no Instituto debido ós desprendementos da cornixa.

       Segundo informou o Director do IES, as obras comezaron o mércores 11, continuarán no fin de semana, e prolongaranse na semana que comezan as clases. As presentacións faranse o luns para os de 1º de ESO, e o martes para o resto dos cursos. O mércores, cando comencen as clases, na zona posterior do edificio estarán rematadas as obras e na parte de adiante xa non haberá risco de caída de cascotes.


• Iniciativas presentadas polos representantes dos pais no Consello Escolar.

       Deuse información sobre as iniciativas presentadas polos tres representantes dos pais (Yolanda Vázquez, Ana Dopazo e Antón Pérez) no Consello Escolar durante o curso pasado:

– Solicitouse a finais do curso anterior que a documentación que tiña que ser aprobada no Consello Escolar se enviase por correo electrónico, para o seu estudio previo. Esta petición foi denegada porque, segundo a directiva, tal práctica incumpría a Lei de Protección de Datos.

– Solicitouse permiso para unha viaxe cos alumnos de hip-hop e teatro; foi concedido.

– Técnicas de estudio: reclamouse que se ensinaran. Moitos alumnos pasaban pola ESO sin que se lles ensinaran técnicas de estudio tan importantes coma son o subliñado e o esquema. A dirección negou que iso pasase, e afirmou que se ensinaban.

– Pediuse que se crease a Comisión de Convivencia do Consello Escolar como está recollido na lei de Convivencia. Non se creou.

– Solicitouse que unha vez fixado un exame que non se cambie a data, recollendo a petición que se fixera na asamblea da ANPA. Houbo que ter en conta dúas posturas:
- Non se debía permitir que o día anterior, ou incluso o mesmo día, se cambiase a data dun exame simplemente porque o decide a maioría dunha clase.
- Prohibir facer cambios de datas podería ser unha medida moi ríxida; ás veces podes ser necesario facelo por cuestións organizativas do centro.
           Despois de tratar o tema en varias reunións do Consello Escolar, quedouse en que a dirección intentaría reducir ó máximo posible os cambios de exames e cando un pai/nai soubese dun cambio de exame arbitrario (“non ternos o exame preparado; cambiámolo”) podería dirixirse á dirección. A dirección entrevistaríase co profesor. Por suposto, gardaríase o anonimato do pai/nai.

– Solicitouse que se convocase o Consello Escolar de final de curso onde se fai avaliación do funcionamento do centro, e así poder utilizar as conclusións na planificación do curso seguinte. Quedouse en que se faría en setembro.

       As intervencións dos pais/nais da asemblea estaban de acordo con estas iniciativas. Tamén se constatou o descoñecemento das funcións e importancia do Consello Escolar. Para tratar de paliar esta situación vaise:
- Informar do tratado en cada Consello mediante este blog
- Convocar unha reunión de pais/nais a final de curso para facer unha avaliación do centro. As conclucións presentaranse no Consello Escolar de final de curso.

       Para calquera suxerencia ou comentario sobre o Consello Escolar habilitouse o enderezo:
paisconsello@gmail.com

• Carnet desconto

       Continuar este ano co carné desconto, só se necesita ser socio e cubrir a ficha que se entregou coa matrícula ou solicitala en secretaría. Data límite para solicitala: xaneiro 2013 (o carné entregarase no centro ao alumn@)

• Actividades extraescolares

       Enviarase informaciòn por medio dos alumnos co nº de conta para facerse socio e para pagar o seguro e as actividades incluídas para este ano (horarios, prezo e forma de cobro).

• Cambio de conta.

       Ata agora a conta da ANPA estaba en Novagalicia Banco. Como esta entidade bancaria cobra 3 € en concepto de comisión ós que non son clientes polos ingresos realizados na conta da ANPA, decidiuse cambiar de entidade, para Caixa Rural. Os que teñan pensado facerse socios e que non sexa clientes de Novagalicia é mellor esperar a abrir a nova conta, o que se comunicará neste blog.

• Seguro de accidentes para as actividades e tamén para o resto de alumnos matriculados

       Suscribir un seguro cun custe de 6 € por alumno e por ano, e non so poden pagalo os que  se apunten as actividades, senón TODOS os alumnos do centro quedarán cubertos, dende que entran ata a saída, mañá e tarde, saídas coa A.N.P.A ou cos profesores. Pódese comprobar as listas dos nen@s  do seguro  nun taboleiro do centro (so se pode abonar ata 15 outubro).

• Axendas escolares.

       Este ano vaise estender o seu uso a todos os alumnos da ESO. Cremos que pode ser unha boa ferramenta para a comunicación entre pais e profesores.

• Buzón da ANPA.

       Instalarase un buzón no vestíbulo do instituto para que os pais/nais se poidan dirixir por escrito á ANPA, para realizar algunha suxerencia ou para calquera outro tipo de escrito que queiran facer chegar.

       As suxerencia sobre a ANPA poden dirixirse a

lunes, 10 de septiembre de 2012

 
DESPRENDEMENTOS DA CORNIXA DO INSTITUTO

A finais de xuño desprendéronse cascotes da cornixa do IES en dous lugares diferentes: na fachada principal a poucos metros da porta de entrada e na parte posterior. Por sorte non houbo que lamentar desgrazas persoais.
A dirección do centro enviou un informe á Consellería e enviaron unha persoa da Unidade Técnica para inspeccionar os desperfectos. Segundo nos informaron hai regañas por varios sitios na cornixa polo que habería que avaliar o seu estado en todo o contorno do edificio.
A mediados de xullo os representantes dos pais puxémonos en contacto coa Consellería para concertar unha entrevista co Delegado Territorial, Sr. Ramos Ledo. Por medio da súa secretaria contestáronnos que non facía falta tal entrevista, que xa estaba o problema nas mans dunha empresa para solucionalo.
Como o tempo ía pasando e non viamos ningún movemento, o 21 de agosto personámonos na Consellería para volver a entrevistarnos co Delegado Territorial. Citounos para o día 23. O día seguinte, o 22, persoal da Consellería visitou o centro (¿casualidade ou causalidade?).
Na entrevista do día 23 de agosto tamén asistiu a técnica da Consellería. Cando nós pensabamos que nos ían informar da xestións realizadas, a reunión adicouse a pensar e buscar solucións a como se ía afrontar o problema (¿non estaba xa desde o mes de xullo en mans dunha empresa?).
A día de hoxe, unha semana antes de que comecen as clases, segue o problema sen solucionarse.
Para buscar unha postura conxunta convócanse ós pais/nais a unha reunión, o xoves 13 de setembro, ás 20:30.